Poemas de vida
A miña vida é un libro,
un poemario que se escribe
pouquiño a pouco.
A miña vida son milleiros de poemas,
poemas escritos pola noite,
á luz das estrelas,
escoitados pola lúa.
A miña vida non é máis que palabras,
que expresan moito, que expresan pouco,
verbas que elixe o meu danado corazón.
Son un libro,
un libro con candado,
un diario,
que non se pode abrir.
Estou pechada, para todos…
a lúa, a única,
a única que ten chave.
Os demais... nada
os demais só vedes as portadas,
a careta que enmascara
toda a verdade.
Son un libro, de poemas.
Poemas triste, poemas doces,
poemas que merecen ser queimados.
Son un libro
que non quere ser libro...
que se esconde,
que esconde a dor
tras portadas de cores.
Son un conxunto de poemas,
que merece estar morto…
Un libro para queimar.

2 comentarios:
Son un conxunto de poemas,
que merece estar morto…
Un libro para queimar.
Xamais. Un libro non debes queimalo nunca. Non se se está ben escrito...Pero o importante... é a intención... non?
Biquiños, boneca.
Quérote =).
PD: Aínda necesito moitas clases de galego e non só o dicionario... xDD
Ti queimarías un libro?
Quérote B.
=)
Publicar un comentario