viernes, 10 de febrero de 2012

Dame medo deixar eiQuí as miñas verbas,
dame medo escribir iso Que me sae polos poros da pel
porQue ambos sabemos Que eu só sei escribir cousas tristes.

Teño medo de Que entres e te poñas a ler ás miñas bágoas,
e te culpes a ti mesmo delas cando ti es o Que as retén lonxe da luz.

Quero Que se miras o Que eiQui poño sexa dende lonxe, coma se non fose eu Quen falara, como se fose esa nena triste Que sempre está amarrada ó meu corazón e Que non pensa marchar endexamais.